Lagar de Peitieiros

lagar de peiteiros
Lagar lítico dos séculos VI ao XII.

Situase este lagar lítico na viña de Peitieiros, á beira do lugar da Granxa (antiga posesión vitivinícola do Conde de Ribadavia, que tivo neste termo a casa e adega), tamén tiveron granxa nesta aldea os monxes de San Clodio e os de San Martiño Pinario. O cultivo da vide neste lugar é moi antigo, polos vestixos do lagar de Peitieiros (do s. VI ao XII) o viño sempre foi o principal cultivo.

Na Idade Media os viticultores que pagaban unha parte da colleita ou peito ao seu señor eran tamén coñecidos como peiteiros ou peitieiros, daí o nome do lugar que por extensión tamén se lle da a este lagar lítico de importantes dimensións. Na sua descuberta atopouse o leito de cor rosaceo, o que denota o seu uso para a elaboración de viño tinto. Polas suas medidas calcúlase que de cada prensada podería sair deste lagar entre 2.000 e 3.000 litros de viño. Atendendo aos abondosos restos e vestixios de viñedos, adegas, cubas e lagares, a producción no termo de Pazos Hermos debeu ser importante , estimase que sumando a produción das adegas da veciñanza e a das granxas dos señores laicos e eclesiásticos, no s.XVIII sairian deste lugar 200.000 litros de viño branco e tinto.