BOAS VIDES 2019

 

Boas Vides colleita 2019 – plurivarietal

Castes: Carabuñeira 35% / Brancellao 30% / Caiño Longo 15% / Caiño da Terra 10% / Garnacha 10%

Analítica: Ac Total: 6,7 / Ac. Vol. 0,75 / Ac. Málico 2 / Grao Alc. 13,2º / Ph. 3,62 / SO2 tot. 34

Maduración e estadia: 6 meses barrica 225 l de Carballo francés de 2ºuso. 1 ano en depósito de aceiro de 1000 l. 1 ano en garrafa 0,75 l

Trasegas: 3 – Decembro 2019/Maio 2020/Decembro 2020

Filtrado: Por decantación natural

Embotellado: 6 de Xuño de 2021

Inicio comercialización: 16 de Xuño2022

Nº de botellas: 1300

Traballo na viña :  De xeito tradicional, o traballo faise a mao. Poda en cotón e vara (guyot). Trátase só con produtos naturales propios da permacultura e da agricultura ecolóxica, seguindo os principios filosóficos de “Steiner”. Na viña non se usan pesticidas, nin herbicidas, nin produtos de síntese.

O tempo e a vendima

A primavera estivo marcada polo tempo seco e soleado, temperaturas altas para a época con algunha que outra treboada no mes de Maio, o que fixo adiantar o ciclo da vide. A esfarna foi desigual, comezou en Maio e prolongouse ata mediados de Xuño, cando comezou a mudar o tempo, baixaron as temperaturas e veu a choiva, fría para a época do ano. Xullo e Agosto foron extremadamente secos e moi mornos, de feito as temperaturas foron máis baixas ca media dos derradeiros anos. A mediados de Setembro veu algunha orballada, polo que axudaron a completar o ciclo de maduración e equilibrar o ph e a acidez. En resumo, foi un ano sen sobresaltos no que a pragas se refire, na que voltou a ser protagonista a podremia (Black Rot) afectando a Viña do Mesón, na que o Caiño Longo sufríu un ataque moi tardío, o 1 de Agosto.

Fixéronse 9 tratamentos a base de extractos de allo, salgueiro, canela, caldo bordelés, fosforo e potasio, xofre mollable e Sulfocálcico. Este ano botouse en falta facer un tratamento de xofre en pó pola presión do oídium e cargar máis no sulfocálcico.

OBSERVACIÓN: O pintor comezou na semana do 20 de Xullo e extendeuse ata o 20 de Agosto, foi todo moi lento debido a gran seca estival. O clima suave, mesmo con baixas temperaturas nalgúns días do verán. En resume ao final a colleita foi moi boa, as videiras mantiveron unha producción moi equilibrada e sanitariamente optima, para facer viño de calidade.