Boas Vides 2017

Tinto: Boas Vides 2017 – Esgotado
Embotellado: Maio de 2019
Inicio comercialización: Outubro 2019
Nº de botellas: 2.000  / 750 cc
Castes: Carabuñeira 40% / Sousón 20% / Brancellao 20% / Espadeiro 10% / Garnacha 10%
Alcohol cont: 13,5% vol.
Acidez Total: 5,9
Ph: 3,5
SO2 L/T: 20/50

Vendima e proceso de elaboración:
Vendimouse a mao do 13 e o 17 de Setembro por parte de amigos e parentes. Despois dun leve despalillado botou a ferver de xeito espontaneo cos pelellos durante 10-12 días en depósitos de 1.000 litros, dándolle galla (batuxado) 3 veces ao día. Temperatura controlada entre 20-25oC. Prensado suave en prensa vertical tradicional  de gaiola. Moi baixo nivel de sulfuroso. Clarificación por decantación natural.

Maduración:
14 meses en pipas de 300 e 600 litros de carballo francés, de segundo uso/ 4 meses en depósitos de aceiro / 4 meses en botella(mínimo).
Traballo na viña:
De xeito tradicional, o traballo faise a mao. A poda adoita ser vara e cotón ( guyot). Os tratamentos fanse con productos naturais, seguindo o exempro da permacultura e dos principios filosóficos de “Steiner”. Nas viñas non emprego pesticidas, nin herbicidas, nin productos de síntese.
Fixéronse 8 tratamientos a base de extractos de allo, salgueiro, canela, caldo bordelés y xofre en pó.
O tempo:
A primavera estivo marcada polas xeadas do 29 e 30 de Abril. O verán do 2017 foi seco e quente (2 graos por riba da media), entre 33 e 40 graos diurnos e 15 e 18 graos polas noites.