Universo Varietal – Os Viños
Son viños inadaptados, non lle teñen medo ao tempo, nin aos formalismos, van ao seu, cada ano distinto.
Todo o proceso de coidado da viña e elaboración do viño besease no máximo respecto, mínima intervención e fermentación espontanea con levaduras autóctonas. Os viños manteñen un equilibrio natural en toda a sua evolución. Pasán unha estadía de 8 a 12 meses en pipas de carballo francés de segundo uso de 300 a 600 litros, logo pasan un tempo en depósitos de aceiro para completar a maduración e a decantación natural, co propósito de manter unha tipicidade nítida e rica en matices propios das castas autóctonas. Ao cabo dun tempo embotéllase e repousa na adega uns meses antes de sácalo á venda.
Os niveles de sulfuroso están por debaixo do nivel recomendado por Demeter.
VIÑOS NO MERCADO:
BOAS VIDES 2019 – Tinto / PARA DO PÉ 2014-15 Tinto / MIRANDO AO CHAO 2019 – Tinto / CRUZ DA PENA 2021 – Branco / PARA DO PÉ 2016 – Tostado Branco /