Fala comigo
Eu son Antonio Míguez Amil.
Nacín nun pequeno microcosmos de xentes e paisaxes, tras daquela parede onde estaba a viña cheguei ao mundo no ano 1968. Mudou todo moitísimo, maís eu fiquei atrapado pola visión da miña nenez entre ríos, regatos e outeiros chantados de viñas. O consello que máis adoitaba escoitar de novo era: “estuda e busca un oficio de proveito, a terra é moi escrava”.
Despois xa dalgúns anos matinando o futuro entre idas e voltas polo mundo, xurdíu a inquedanza de recuperar a actividade á que se adicaron os meus parentes cando menos dende o século XVIII, a facer viño nunha das comarcas máis históricas de Europa, no Ribeiro.
Daquela a partires do ano 1993 fun recuperando antigas viñas e lugares de producción ancestral en ladeiras e outeiros nas ribeiras do Avia, ali replantei as castes do país, que tanta sona lle deran aos viños desta comarca.
Non concibo un viño sen unhas boas vides, tampouco concibo unhas boas vides sen un medio natural vivo e saudábel.
Gosto seguir das predicas de Steiner e Risco, das verbas de Castelao, Manuel María, Otero Pedrayo, Fina Casalderrey, Curros ou Marina Mayoral entre outros, pola estima que lle teñen á terra e aos seres que nela habitan, sexan reais ou maxinarios, e porque teñen en conta a sabiduría dos labregos que miraban á lúa e seguían os refráns.
Conmigo está a miña familia, a muller, os fillos, a nai, os irmaos, os tíos e curmáns e por suposto unha chea de amigos.
Se queres falar comigo, só tes que clicar aquí e podes enviar-me un mail ou chamar ao tel. 679 828 531. Así de simple.