Boas Vides 2018

Tinto: Boas Vides 2018 – Esgotado

Embotellado:  Xuño 2020. Día Froito
Inicio comercialización: Decembro 2020
Nº de botellas: 1060
Varietales: Carabuñeira 30% / Garnacha 20% / Brancellao 20 % / Sousón 10% / Espadeiro 10% / Zamarrica 10%
Alcohol cont: 13,5% vol.
Acidez Total: 6
Ph: 3,7
SO2 L/T: 20
Estadía: 10 meses en pipas de carballo francés de 3º uso/9 meses en depósito de aceiro/6 meses en botella.
Vendimia y proceso de elaboración: Despois xa da desfeita que fixo o mildiu e o black rot o día 2 e 3 de Xullo, o verán veu seco e caluroso polo que retrasou a vendima ao 28-30 de Setembro, esta fixose a mao por parte de amigos e parentes. Os rendementos foron moi baixos porén moi maduros e con notabel acidez.
Botou a ferver de xeito espontaneo en depósitos de 1.000 litros, dándolle galla 3 veces ao día. Empregouse unha prensa vertical tradicional, de gaiola.
 Maduración e estadía: 3 meses en depósitos de aceiro. No mes de Febreiro de 2019 pasou a pipas de 300 e 600 litros de carballo francés, de terceiro uso. No mes de Decembro de 2019 pasou a un depósito de aceiro. No mes de Xuño de 2020 foi embotellado en día Froito e gardado nun reservado da adega.

Traballo na viña :De xeito tradicional, o traballo faise a mao. Poda cotón e vara. Trátase só con produtos naturales propios da permacultura e da agricultura ecolóxica, seguindo os principios filosóficos de “Steiner”. Nas viñas non se empregaron pesticidas, nin herbicidas, nin produtos de síntese.
O tempo: A primavera estivo marcada polas choivas e treboadas con temperaturas altas. As treboadas dos días 29 e 30 de Xuño con temperaturas de 25º-30º C e con ausencia total de vento propiciaron un brote moi forte de mildiu e black rot que arrasaron co 70 % da colleita. O verán do 2018 foi quente e moi seco, e prolongouse ata mediados de Outubro.As temperaturas diurnas estiveron entre os 30 e 38 graos e as nocturnas entre 15 e 18 graos con ausencia total de humidade. Fixéronse 9 tratamentos a base de extractos de allo, salgueiro, canela, caldo bordelés, fosforo e potasio, e xofre en pó.

OBSERVACIÓN: Polo San Pedro (29 de Xuño) houbo fortes treboadas con abondosa auga que afectaron ás viñas de San Clodio, San Lourenzo  e Francelos, onde se perdeu case toda a colleita de Caiño Longo e parte do Sousón debido ao Mildiu. Verán moi seco e longo.