Os Viños
Son viños inadaptados, non lle teñen medo ao tempo, nin aos formalismos, van ao seu, cada ano distinto.
Tinto
Tinto
Tinto
Dende 1993
Todo o proceso de coidado da viña e elaboración do viño besease no máximo respecto, mínima intervención e fermentación espontanea con levaduras autóctonas.
Os viños manteñen un equilibrio natural en toda a sua evolución. Pasán unha estadía de 8 a 12 meses en pipas de carballo francés de segundo uso de 300 a 600 litros, logo pasan un tempo en depósitos de aceiro para completar a maduración e a decantación natural, co propósito de manter unha tipicidade nítida e rica en matices propios das castas autóctonas.
Ao cabo dun tempo embotéllase e repousa na adega uns meses antes de sácalo á venda.
Os niveles de sulfuroso están por debaixo do nivel recomendado por Demeter.

Traballamos a terra con prácticas sostibles e manuais, respectando os ritmos naturais e coidando cada cepa como un legado vivo.

Cultivamos variedades autóctonas galegas en ladeiras do Ribeiro, buscando expresión auténtica, diversidade e vínculo profundo coa terra.

Criamos os viños en barrís de carballo francés, buscando equilibrio, sutileza e respecto pola identidade de cada colleita.

A vinificación é delicada e natural, con fermentacións espontáneas e maduración lenta que deixan falar á uva e ao territorio.