Tinto
AGOTADO

Boas Vides 2017

Embotellado
01 de Maio de 2019
Inicio comercialización
01 de Outubro de 2019

Información

Volumen alcohólico
13;5 %
PH
3,5
SO2 L/T
20/50
Acidez total
5,9
Nº de Botellas
2000
Ano
2017
Castes
Carabuñeira ·  40%
Sousón ·  20%
Brancellao ·  20%
Espadeiro ·  10%
Garnacha ·  10%

Descripción

Boas Vides 2017 é un viño tinto que recupera a tradición dos viños históricos do Ribeiro. Elaborado con 40% de Carabuñeira (variedade autóctona próxima á Touriga Nacional) e un 60% de Sousón, Brancellao, Espadeiro e Garnacha.

As uvas proceden de viñas entre 15 e 70 anos, cultivadas en terrazas de solos graníticos e arxilosos. A fermentación foi espontánea, con maceración de 10-12 días, seguida dunha crianza de 14 meses en barricas de carballo francés de segundo uso e repouso adicional en aceiro inoxidable e botella.

Ofrece notas de froita vermella madura, fondo terroso e unha acidez que lle achega frescura. Un viño auténtico e elegante, que fala da paisaxe e da memoria do Ribeiro.

Solicitar información

Comparte nas redes

Información extra

Vendimia

Vendimouse a mao do 13 e o 17 de Setembro por parte de amigos e parentes.

Proceso de elaboración

Despois dun leve despalillado botou a ferver de xeito espontaneo cos pelellos durante 10-12 días en depósitos de 1.000 litros, dándolle galla (batuxado) 3 veces ao día. Temperatura controlada entre 20-25oC. Prensado suave en prensa vertical tradicional de gaiola. Moi baixo nivel de sulfuroso. Clarificación por decantación natural.

Maduración

14 meses en pipas de 300 e 600 litros de carballo francés, de segundo uso/ 4 meses en depósitos de aceiro / 4 meses en botella(mínimo).

Traballo na finca

De xeito tradicional, o traballo faise a mao. A poda adoita ser vara e cotón ( guyot). Os tratamentos fanse con productos naturais, seguindo o exempro da permacultura e dos principios filosóficos de “Steiner”. Nas viñas non emprego pesticidas, nin herbicidas, nin productos de síntese. Fixéronse 8 tratamientos a base de extractos de allo, salgueiro, canela, caldo bordelés y xofre en pó.

O tempo

A primavera estivo marcada polas xeadas do 29 e 30 de Abril. O verán do 2017 foi seco e quente (2 graos por riba da media), entre 33 e 40 graos diurnos e 15 e 18 graos polas noites.

Poderíache interesar

Tostado tinto

Tostado

Caiño Longo ·  50%
Espadeiro ·  10%
Carabuñeira ·  10%
Sousón ·  10%
Brancellao ·  10%
Garnacha Tintorera ·  10%
Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e con fins analíticos. Contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade externas que podes ou non aceptar ao acceder a eles. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos teus datos para estes fins.   
Privacidad