Ir o contido

Boas Vides

Antonio Míguez Amil

Un pouco sobre min

Viños con alma

Sobre min

Eu son Antonio Míguez Amil.

Nacín nun pequeno microcosmos de xentes e paisaxes, tras daquela parede onde estaba a viña cheguei ao mundo no ano 1968. Mudou todo moitísimo, maís eu fiquei atrapado pola visión da miña nenez entre ríos, regatos e outeiros chantados de viñas. O consello que máis adoitaba escoitar de novo era: “estuda e busca un oficio de proveito,  a terra é moi escrava”.

Pasión

Despois xa dalgúns anos matinando o futuro entre idas e voltas polo mundo, xurdíu a inquedanza de recuperar a actividade á que se adicaron os meus parentes cando menos dende o século XVIII, a facer viño nunha das comarcas máis históricas de Europa, no Ribeiro.

Daquela a partires do ano 1993 fun recuperando antigas viñas e lugares de producción ancestral en ladeiras e outeiros nas ribeiras do Avia, ali replantei as castes do país, que tanta sona lle deran aos viños desta comarca.

Viños con alma

Artesanía

Non concibo un viño sen unhas boas vides, tampouco concibo unhas boas vides sen un medio natural vivo e saudábel.

Gosto seguir das predicas de  Steiner e Risco, das verbas de Castelao, Manuel María, Otero Pedrayo, Fina Casalderrey, Curros ou Marina Mayoral entre outros, pola estima que lle teñen á terra e aos seres que nela habitan, sexan reais ou maxinarios,  e porque teñen en conta a sabiduría dos labregos que miraban á lúa e seguían os refráns.

Conmigo está a miña familia, a muller, os fillos, a nai, os irmaos, os tíos e curmáns e por suposto unha chea de amigos.

Gustaríache saber máis ou falar un pouco? Simplemente chama ou escribe.

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e con fins analíticos. Contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade externas que podes ou non aceptar ao acceder a eles. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos teus datos para estes fins.   
Privacidad