Ir o contido
Tostado tinto

Para do Pé - Tinto

Embotellado
20 de Marzo de 2019
Inicio comercialización
01 de Novembro de 2019

Información

Volumen alcohólico
15 %
PH
3,68
Nº de Botellas
440
Ano
2015
Zucres reductores
115gr
Castes
Caiño Longo ·  40%
Sousón ·  40%
Brancellao ·  20%

Descripción

O Para do Pé Tostado Tinto é un viño naturalmente doce, elaborado con variedades autóctonas do Ribeiro. As uvas son seleccionadas a man e sometidas a un proceso de pasificación en espazos ventilados de forma natural durante un mínimo de tres meses, concentrando así azucres e aromas.

A fermentación é lenta e espontánea, sen engadido de alcohol, o que permite conservar a frescura e acidez propias da zona. A crianza realízase en barricas de carballo durante polo menos seis meses, seguida dun repouso en botella de tres meses antes da súa saída ao mercado.

Na cata, amosa tons entre dourado escuro e caoba, con textura densa e brillante. No nariz destaca por aromas a froita pasificada, froitos secos, mel, flor amarela e laranxa confitada. Na boca é doce, envolvente e equilibrado, cun final longo e elegante.

Un viño de elaboración artesanal, escasa produción e fonda raíz na historia vitivinícola do Ribeiro.

Comparte nas redes

Información extra

Vendimia

Inicio: 6/09/2014. A vendima foi manual e rematou o 26 de Setembro. En total recolléronse 1200 kg de uva tinta nas viñas en caixas ventiladas, nun promedio de 3 kg por caixa.

Proceso de elaboración

Eliminación de cangallo e esmagado de pasas a mao. Prensado nunha pequena prensa tradicional de tornillo manual.

Fermentación

De xeito natural durante 3,5 meses.

Maduración

En barrica de carballo francés do 1/09/2015 ao 20/02/2019.

Traballo na finca

De xeito tradicional, o traballo faise a mao. Poda cotón e vara. Trátase só con produtos naturales propios da permacultura e da agricultura ecolóxica, seguindo os principios filosóficos de “Steiner”. Na viña non se usan pesticidas, nin herbicidas, nin produtos de síntese.

Observaciones

Os procesos para chegar a ter un tostado son moi laboriosos, trátase dun viño naturalmente doce VND que se fai de uvas pasificadas baixo cuberta durante máis de 3 meses coas castes tradicionais do Ribeiro. Tanto o seguimento no secadeiro coma na fermentación e maduración, conleva varios anos e numerosos coidados, co fin de lograr un viño distinto, senlleiro e complexo, que se fundamenta nos principios da viticultura e da vinicultura tradicional do Ribeiro.

Poderíache interesar

Boas Vides 19

Tinto

Carabuñeira ·  35%
Brancellao ·  30%
Caiño Longo ·  15%
Caiño da Terra ·  10%
Garnacha ·  10%
Boas Vides 2018

Tinto

Carabuñeira ·  30%
Garnacha ·  20%
Brancellao ·  20%
Sousón ·  10%
Espadeiro ·  10%
Zamarrica ·  10%
Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e con fins analíticos. Contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade externas que podes ou non aceptar ao acceder a eles. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos teus datos para estes fins.   
Privacidad