Boas Vides
Enoturismo
Visita a ádega Casal de Boas Vides.
Experiencia enoturística na vila histórica de Ribadavia
Esta pequena adega construida baixo o concepto “PassiveWinery” está situada a poucos metros da muralla de Ribadavia, está rexida polo colleiteiro Antonio Miguez Amil, que procede dunha familia de colleiteiros e viticultores dende o s.XVIII.
Situada entre as confluencias dos ríos Avia e Miño, a adega de Antonio sirve para transformar os froitos das tres pequenas viñas históricas situadas nas ribeiras do río Avia. Cunha superficie de 2ha este pequeno viñador recuperou castes e socalcos de lugares que levan producindo viño dende o s.VI e xunto coa sua familia producen viños moi senlleiros e históricos, baseados nunha viticultura rexenerativa e respetuosa coa natureza e co medio ambiente, nunha filosofía de amor a terra baseada nos grandes autores galegos coma Rosalia de Castro, Castelao, Risco ou Otero Pedrayo.
Sigue os preceptos de Steiner e a sua antroposofía. Destaca pola recuperación do viño tostado tinto, un dos poucos naturalmente doces que se produce en toda Galicia, só en anos moi especiales, trátase dunha pequena produción anual de 100 ou 200 botellas dun dos históricos viños doces do mundo.
Sobre a visita
VISITA E CATA: Recepción, presentación e introducción aos viños tintos e tostados, con proba de viño tostado tinto “Para do Pé 2013-2017” armonizado con doces sefardís e a famosa rosquilla de Ribadavia.