Error: can't render field data in the current format. You can try "Get child value" callback. Available children: Tinto, Blanco, Tostado. Or one of array-related callbacks - "Multiple select field values", "Checkbox field values", "Checked values list" etc
AGOTADO

Boas Vides 2019

Embotellado
06 de Xuño de 2021
Inicio comercialización
16 de Xuño de 2022

Información

Volumen alcohólico
13,2 %
PH
3,62
SO2 L/T
34
Acidez total
6,7
Nº de Botellas
1300
Ano
2019
Castes
Carabuñeira ·  35%
Brancellao ·  30%
Caiño Longo ·  15%
Caiño da Terra ·  10%
Garnacha ·  10%

Descripción

Boas Vides 2019 é un viño tinto elaborado por Antonio Míguez Amil na rexión do Ribeiro, Galicia. Este viño destaca pola súa frescura e finura, resultado dunha colleita máis fresca que a do 2018. Na súa elaboración, Antonio emprega variedades autóctonas como Carabuñeira (emparentada coa Touriga Nacional), Sousón, Brancellao, Espadeiro e Garnacha, procedentes de viñas situadas en ladeiras históricas do val do Avia.

A vinificación realízase mediante fermentación espontánea, con cada variedade vinificada por separado para potenciar as súas características. Posteriormente, o viño madura durante un mínimo de 6 meses en barricas vellas antes de repousar en depósitos de aceiro inoxidable e, finalmente, en botella.

En cata, presenta unha nariz portuguesa con concentración expresiva de froitas vermellas, loureiro, piñeiro e eucalipto. Na boca, é dinámico, sedoso e cunha frescura envexable. Aínda que é moi bebible agora, recoméndase gardar algunhas botellas adicionais, xa que o seu potencial de envellecemento é asombroso.

Este viño reflicte a filosofía de Antonio de recuperar os viños tintos históricos do Ribeiro, respectando a identidade das variedades antigas e o terroir da rexión.

Solicitar información

Comparte nas redes

Información extra

Vendimia

Fixéronse 9 tratamentos a base de extractos de allo, salgueiro, canela, caldo bordelés, fosforo e potasio, xofre mollable e Sulfocálcico. Este ano botouse en falta facer un tratamento de xofre en pó pola presión do oídium e cargar máis no sulfocálcico.

Proceso de elaboración

Filtrado por decantación natural

Maduración

6 meses barrica 225 l de Carballo francés de 2ºuso. 1 ano en depósito de aceiro de 1000 l. 1 ano en garrafa 0,75 l

Traballo na finca

De xeito tradicional, o traballo faise a mao. Poda en cotón e vara (guyot). Trátase só con produtos naturales propios da permacultura e da agricultura ecolóxica, seguindo os principios filosóficos de “Steiner”. Na viña non se usan pesticidas, nin herbicidas, nin produtos de síntese.

O tempo

A primavera estivo marcada polo tempo seco e soleado, temperaturas altas para a época con algunha que outra treboada no mes de Maio, o que fixo adiantar o ciclo da vide. A esfarna foi desigual, comezou en Maio e prolongouse ata mediados de Xuño, cando comezou a mudar o tempo, baixaron as temperaturas e veu a choiva, fría para a época do ano. Xullo e Agosto foron extremadamente secos e moi mornos, de feito as temperaturas foron máis baixas ca media dos derradeiros anos. A mediados de Setembro veu algunha orballada, polo que axudaron a completar o ciclo de maduración e equilibrar o ph e a acidez. En resumo, foi un ano sen sobresaltos no que a pragas se refire, na que voltou a ser protagonista a podremia (Black Rot) afectando a Viña do Mesón, na que o Caiño Longo sufríu un ataque moi tardío, o 1 de Agosto.

Observaciones

O pintor comezou na semana do 20 de Xullo e extendeuse ata o 20 de Agosto, foi todo moi lento debido a gran seca estival. O clima suave, mesmo con baixas temperaturas nalgúns días do verán. En resume ao final a colleita foi moi boa, as videiras mantiveron unha producción moi equilibrada e sanitariamente optima, para facer viño de calidade.

Poderíache interesar

Para do Pé – Tinto

Tinto, Tostado

Caiño Longo ·  40%
Sousón ·  40%
Brancellao ·  20%
Boas Vides 2018

Tinto

Carabuñeira ·  30%
Garnacha ·  20%
Brancellao ·  20%
Sousón ·  10%
Espadeiro ·  10%
Zamarrica ·  10%
Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e con fins analíticos. Contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade externas que podes ou non aceptar ao acceder a eles. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos teus datos para estes fins.   
Privacidad