Error: can't render field data in the current format. You can try "Get child value" callback. Available children: Tinto, Blanco, Tostado. Or one of array-related callbacks - "Multiple select field values", "Checkbox field values", "Checked values list" etc
AGOTADO

Boas Vides 2018

Embotellado
01 de Xuño de 2020
Inicio comercialización
01 de Decembro de 2020

Información

Volumen alcohólico
13,5 %
PH
3,7
SO2 L/T
20
Acidez total
6
Nº de Botellas
1060
Ano
2018
Castes
Carabuñeira ·  30%
Garnacha ·  20%
Brancellao ·  20%
Sousón ·  10%
Espadeiro ·  10%
Zamarrica ·  10%

Descripción

Este tinto segue a liña do 2017, cun 40% de Carabuñeira e o resto con castes tradicionais: Sousón, Brancellao, Espadeiro e Garnacha. A procedencia das uvas e o coidado proceso de elaboración manteñen a filosofía de respecto á terra e ás variedades autóctonas.

En 2018, o clima máis regular permitiu unha maduración pausada e equilibrada. A crianza de 14 meses en barrica e o repouso posterior puliron un viño complexo, cun perfil máis fresco e refinado.

Boas Vides 2018 amosa un carácter atlántico, cunha expresión limpa de froita, estrutura firme e final longo. Un tinto sincero, con identidade propia.

Solicitar información

Comparte nas redes

Información extra

Vendimia

Despois xa da desfeita que fixo o mildiu e o black rot o día 2 e 3 de Xullo, o verán veu seco e caluroso polo que retrasou a vendima ao 28-30 de Setembro, esta fixose a mao por parte de amigos e parentes.

Proceso de elaboración

Os rendementos foron moi baixos porén moi maduros e con notabel acidez. Botou a ferver de xeito espontaneo en depósitos de 1.000 litros, dándolle galla 3 veces ao día. Empregouse unha prensa vertical tradicional, de gaiola.

Maduración

3 meses en depósitos de aceiro. No mes de Febreiro de 2019 pasou a pipas de 300 e 600 litros de carballo francés, de terceiro uso. No mes de Decembro de 2019 pasou a un depósito de aceiro. No mes de Xuño de 2020 foi embotellado en día Froito e gardado nun reservado da adega.

Traballo na finca

De xeito tradicional, o traballo faise a mao. Poda cotón e vara. Trátase só con produtos naturales propios da permacultura e da agricultura ecolóxica, seguindo os principios filosóficos de “Steiner”. Nas viñas non se empregaron pesticidas, nin herbicidas, nin produtos de síntese.

O tempo

A primavera estivo marcada polas choivas e treboadas con temperaturas altas. As treboadas dos días 29 e 30 de Xuño con temperaturas de 25º-30º C e con ausencia total de vento propiciaron un brote moi forte de mildiu e black rot que arrasaron co 70 % da colleita. O verán do 2018 foi quente e moi seco, e prolongouse ata mediados de Outubro.As temperaturas diurnas estiveron entre os 30 e 38 graos e as nocturnas entre 15 e 18 graos con ausencia total de humidade. Fixéronse 9 tratamentos a base de extractos de allo, salgueiro, canela, caldo bordelés, fosforo e potasio, e xofre en pó.

Observaciones

Polo San Pedro (29 de Xuño) houbo fortes treboadas con abondosa auga que afectaron ás viñas de San Clodio, San Lourenzo e Francelos, onde se perdeu case toda a colleita de Caiño Longo e parte do Sousón debido ao Mildiu. Verán moi seco e longo.

Poderíache interesar

Para do Pé – Tinto

Tinto, Tostado

Caiño Longo ·  40%
Sousón ·  40%
Brancellao ·  20%
Boas Vides 19

Tinto

Carabuñeira ·  35%
Brancellao ·  30%
Caiño Longo ·  15%
Caiño da Terra ·  10%
Garnacha ·  10%
Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e con fins analíticos. Contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade externas que podes ou non aceptar ao acceder a eles. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o tratamento dos teus datos para estes fins.   
Privacidad